Gian Guido Belloni
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1919 Milán, Italia |
Morte | 21 de agosto de 1996 Milán Italia |
País de nacionalidade | Italiana |
Q89547790 | Estudos de numismática grega e romana. |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia, numismática e arqueoloxía. |
Ocupación | historiador da antigüidade clásica, historiador, profesor universitario, numismático |
Empregador | Universidade de Pavia |
Premios | |
1981: Jeton de Vermeil (SFN). | |
Gian Guido Belloni, nado en Milán o 21 de setembro de 1919 e finado na mesma cidade o 21 de agosto de 1996, foi un historiador e numismático italiano especializado na Antigüidade romana e grega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gian Guido Belloni naceu o 21 de setembro de 1919 en Milán.[2]
A súa carreira estivo moi vinculada ao ámbito museal. No Museo das Arte Decorativas de Milán ocupou os postos de conservador, vicedirector e, finalmente, director. Do mesmo xeito, entre 1968 e 1972 dirixiu o Museo Arqueolóxico e o Gabinete Numismático de Milán.[2]
En 1967 foi o fundador da revista Notizie dal Chiostro del Monastero Maggiore. Rassegna di studi archeologici e numismatici.[3]
A partir de 1972, a súa actividade centrouse exclusivamente no ensino universitario, logo de que en 1962 acadara a súa habilitación para a docencia de Numismática. Na Universidade de Xénova foi profesor de Numismática Antiga (1971-1980) e de Historia Romana (1980-1982). En 1982 pasou definitivamente á Universidade Católica do Sagrado Corazón, en Milán, onde xa se encargaba da materia de Numismática xa desde 1968, dado que nese ano acadou a cátedra de Antigüidade romana, que ocupou ata a súa xubilación en marzo de 1995.[3]
Os seus intereses como investigador centráronse en diversos aspectos da Antigüidade, sinaladamente na circulación monetaria na Antiga Grecia e na Antiga Roma, con algunhas incursións noutros temas como a moeda longobarda e medieval.[3]
Entre outras entidades académicas e asociativas, Belloni foi membro correspondente do Instituto Arqueolóxico Alemán, da Pontificia Academia Romana de Arqueoloxía, do Instituto Nacional de Estudos Etruscos e Itálicos, do Instituto Bonaerense de Numismática e Antigüidades, e da Sociedade Numismática Italiana, da que foi nomeado membro honorífico en 1996.[4]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En recoñecemento ás súas achegas á historia e á numismática, Gian Guido Belloni foi nomeado Cabaleiro Oficial da República e Comendador da Orde de Chipre.[4]
Premios
[editar | editar a fonte]Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados por Gian Guido Belloni ao longo da súa traxectoria:[6][7]
- (1956). Avori tardo-classici e altomedioevali. A. Martello, Milán.
- (1958). I capitelli romani di Milano. Centro nazionale di Studi per la Storia dell' Architettura, Roma.
- (1960). Le monete romane dell'età repubblicana. Comune di Milano, Milán.
- (1966). monete greche e romane del Museo teatrale alla Scala. Nuove edizioni, Milán.
- (1974). Significati storico-politici delle figurazioni e delle scritte delle monete da Augusto a Traiano (Zecche di Roma e 'imperatorie'). De Gruyter, Berlín / Nova York.
- (1977). Gabinetto Numismatico (2 tomos). Electa, Milán.
- (1993). La moneta romana: società, politica, cultura. NIS, Roma.
- (1996). L'uomo romano: affermazione del dominio e fermenti dello spirito. Capelli, Boloña.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Airoldi, F. et al. (2019). ΕΡΓΑ ΚΑΙ ΗΜΕΡΑΙ. Gian Guido Belloni (1919-1996) Arquivado 05 de decembro de 2021 en Wayback Machine.. Educatt, Milán. ISBN 978-88-9335-552-0
- Pera, R. et al. (ed.) (1996). Gian Guido Belloni. Scritti di Archeologia, Storia e Numismatica. Ed. Vita e Pensiero, Milán. ISBN 9788834324554
- Pera, R. (1997). "Ricordo di Gian Guido Belloni". En Rassegna di Studi del Civico Museo Archeologico e del Civico Gabinetto Numismatico di Milano. Nº 59-60. Páxina 213. ISSN 1120-0243
- Perassi, C. (1997). "Gian Guido Belloni". En Rivista Italiana di Numismatica. 98. Páxinas 323-325.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Belloni, Gian Guido (1919-1996)". BnF: Notice de persone.
- ↑ 2,0 2,1 Perassi, C. "Gian Guido Belloni Arquivado 05 de decembro de 2021 en Wayback Machine.". En Airoldi, F. et al. (2019). Páxina 11.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Perassi, C. "Gian Guido Belloni Arquivado 05 de decembro de 2021 en Wayback Machine.". En Airoldi, F. et al. (2019). Páxina 12.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Perassi, C. "Gian Guido Belloni Arquivado 05 de decembro de 2021 en Wayback Machine.". En Airoldi, F. et al. (2019). Páxina 13.
- ↑ "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
- ↑ Pera, R. et al. (ed.) (1996).
- ↑ "Belloni, Gian Guido". WorldCat Identities.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nados en 1919
- Finados en 1996
- Nados en Milán
- Numismáticos de Italia
- Historiadores de Italia
- Historiadores de Historia Antiga
- Galardoados co Jeton de Vermeil
- Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán
- Directores de museos
- Profesores da Universidade de Xénova
- Profesores da Universidade Católica do Sagrado Corazón